Galicia 2017

Composición dos tribunais que xulgarán o proceso selectivo no concurso-oposición ao corpo de PES, técnicos de FP, música e artes escénicas, mestres e procedemento de adquisición de novas especialidades para o ano 2017

Xúntase a Resolución de 7 de xuño de 2017, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se procede a nomear e facer pública a composición do tribunal que xulgará a proba de acreditación do coñecemento da lingua castelá nos procedementos selectivos de ingreso e acceso ao corpo de profesores de ensino secundario, de acceso ao corpo de profesores de música e artes escénicas, e de ingreso ao corpo de profesores técnicos de formación profesional, ao corpo de mestres e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional e mestres da Comunidade Autónoma de Galicia convocados pola Orde do 7 de abril de 2017 (Diario Oficial de Galicia do 17 de abril), e pola que se fai pública a data, a hora e o lugar no que se realizará a proba de acreditación do coñecemento da lingua castelá nos citados procedementos selectivos.

Xúntase a Resolución do 6 de xuño de 2017, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se procede a nomear e facer pública a composición dos tribunais que xulgarán os procedementos selectivos de ingreso e acceso ao corpo de profesores de ensino secundario, de acceso ao corpo de profesores de música e artes escénicas, e de ingreso ao corpo de profesores técnicos de formación profesional, ao corpo de mestres e  procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional e mestres da Comunidade Autónoma de Galicia, convocados pola Orde do 7 de abril de 2017 (Diario Oficial de Galicia do 17 de abril).

  • Próxima publicación no DOG